A.L.

DESPEDIDA DAS CLASES DE BELÉN (AL). CURSO 2019 - 2020.

Ola a todos e todas! Nesta semana chegamos ás últimas clases deste curso tan raroque nos tocou vivir. Agardo que todos e todas esteades moi ben e que este confinamento fose o máis levadeiro dentro do posible. 
Agora toca despedirnos e intentar desfrutar do verán o mellor que poidamos!
Antes de nada quero agradecervos estes meses que compartimos, sen dúbida é unha experiencia que nunca esqueceremos. 
Gustaríame que fixerades unha valoración das miñas clases, podedes facela escrita, cun audio de voz, cun vídeo… e mandarma ao meu mail. É xeral de todo o curso, non ten que ser só destes meses. Podedes poñer:

- O QUE MÁIS ME GUSTOU FOI…

- O QUE MENOS ME GUSTOU FOI…
- GUSTARÍAME PARA O CURSO…

Este verán vou aproveitar para facer un par de cousiñas que penso que vos poden interesar:


● “Mi diario de verano” do Hematocrítico e editado por Blackie Books. Un pequeno libriño con xogos, actividades, rexistro de xeados (o meu favorito é o Maxibon),...todo cousas divertidas para lembrar este verán.


● Geocaching. https://www.geocaching.com/play un xogo que consiste en esconder

pequnos tesouriños e deixar pistas para que outra xente poida atopalos. Unha maneira divertida de facer un plan en familia grandes e pequenos, vivir aventuras e descubrir novos sitios na nosa contorna.

Mándovos unha aperta moi grande, que dure daquí ata setembro. 

Oxalá poder vernos á volta destes meses! Un bico enorme para familias e cativada!

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 8 AO 12 DE XUÑO.

Ola a todos e todas, agardo que tiverades unha boa fin de semana. Arrancamos unha nova semana de xuño e a fase 3!

- COMPRENSIÓN ORAL:
https://docs.google.com/presentation/d/1zM1rj3dllPhP-2kODC-l4PCVZPouoiMn
OonHsv2k6-U/edit#slide=id.p lemoslles as frases, observamos os debuxos e
contestan se é verdade ou mentira.

- DISCRMINACIÓN AUDITIVA:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=19&v=o6TokVbToyw&feat
ure=emb_logo para traballar a identificación e asociación de sonidos do corpo.

- FONEMA /s/:
https://www.dropbox.com/s/4bvj2yh1g388iez/BUSCAR_S_Y_PINTAR.pdf?dl
=0 debuxar as cousas nas que sone a /S/.

Calquer cousa que precisedes xa sabedes que podedes contactarme en:

 Que pasedes unha boa semana


ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 1 AO 5 DE XUÑO DO 2020.
Ola, bo día a todas e todos! Agardo que tiverades un bo fin de semana. Arrancamos xuño, o último mes do curso! Para esta semana propóñovos:

- CANCIÓN PRIMAVERA: canción con pictos con vocabulario de cores e da estación https://www.pictoeduca.com/leccion/3307/primavera

- Que cambiou? : Xogamos nunha habitación por quendas, un pecha os ollos e a outra persoa ten que cambiar algo da sala, ao abrir os ollos ten que explicar que é o que cambiou. Así traballamos a atención, percepción, memoria, expresión oral, vocabulario,...

- Achegamento á lectoescritura: para os máis maiores que lles interese
https://vedoque.com/html5/lectura/lectura1/

- Soy visual: Unha app moi interesante para traballar e crear un montón de xogos relacionados coa linguaxe mediante axudas visuais https://www.soyvisual.org/

Calquer cousiña que precisedes, xa sabedes, o meu correo é:
mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal . Que teñades boa semana!

Un saudiño!

 DOSSIER ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 25 AO 29 DE MAIO.

Ola a todos e todas! Última semana de maio e entramos na fase 2! Pouco a pouco parece que imos mellorando. Aquí vos deixo un variado de actividades que podedes ir facendo estes días:
-     Expresión oral:
 https://drive.google.com/file/d/0B4W3NTspSaf_VEZEU1pSVjhCS00/view un montón de láminas moi vistosas para potenciar a linguaxe oral (Que ves? Que está pasando? Quen aparece? Que están facendo? Cantos… hai?).

-       Puzzles con iniciación ás letras:


-       E un xogo de vocabulario de animais:


Calquer cousiña que precisedes, dúbidas, petición de máis materiais, actividades máis concretas,... avisádeme sen problema ao meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal


Que teñades unha boa semana! Apertas virtuais!

DOSSIER ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 18 AO 20 DE MAIO.
Esta semana que comezamos hoxe é máis curtiña, saberías dicirme por qué?
Eu non son de Santiago así que poderías explicarme por que temos ponte? Qué se celebra? Por que é importante na nosa cidade? Investiga e mándame as respostas que teño curiosidade, podes gravar un audio se queres.

● Onte foi o día das Letras Galegas, este ano vai adicado a Carvalho Calero.

Sempre intento que a miña colección de libros infantís sexa en galego. Para axudarme a completala poderías responderme a estas preguntas para ampliar a miña colección?

- Cal foi o último libro que liches en galego?
- Cal é o seguinte libro que che gustaría ler en galego?
- Cal é o teu libro favorito en galego?

Eu o último libro que lin en galego foi “A resistencia” de Rosa Aneiros. O seguinte libro que teño pendente para ler é “Axente Riciños” do Hematocrítico. E o meu libro favorito de tódolos tempos é “ Corre corre, cabaciña” de Eva Mejuto.

Agardo que pasedes unha fantástica ponte, e que todos e todas estedes ben! Vémonos para a semana! Xa sabedes que calqueira dúbida, consulta, petición,... podedes escribirme a: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

DOSSIER ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 4 AO 8 DE MAIO.
Bo día e desculpade a tardanza! Estou reaxustando a metodoloxía esta semana e
organizando as clases dos grupos de primaria.

Déixovos aquí esta actividade de discriminación auditiva. Do son /a/ para os máis
pequeniños e pequeniñas:
https://docs.google.com/presentation/d/1JXDb189eiS2ADfzPkU-JKlsPyj4NpE7M9IwNiq
4uQKg/edit#slide=id.p

E de varios sons para os máis grandes:
https://docs.google.com/presentation/d/1CZojRmYduxj51md7jbitVgGDUlHf4RwZ1sT5m
8mqKxQ/edit#slide=id.p

Unha actividade de comprensión tras ver este vídeo formulamos as seguintes
preguntas:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=194&v=EUm-vAOmV1o&feature=emb_
logo

Quen é o protagonista? Que quere? Cales son as túas galletas favoritas? Por qué non
pode conseguilas? Ti que farías no seu lugar? Que ocurre ao final?
Tamén comentarvos que esta semana é o meu cumple! Vai ser un que de seguro
nunca esquecerei, e aínda que xa teño decidida a tarta (chocolate con crema de
cacahuete) quero que me recomendedes as vosas favoritas, e o máis importante: a
receita! Para iso podedes gravarvos en son ou vídeo contándome: que ingredientes
preciso, que utensilios vou necesitar usar, e os pasos a seguir para que saia perfecta!
Tamén pode ser un debuxo!


Desexando que sigades todos e todas ben, mándovos unha agarimosa aperta!




ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 27 AO 30 DE ABRIL.

Esta semana de traballo é máis curtiña aínda que non nolo pareza! O venres é o día do traballo. Sempre nos preguntan qué queremos ser de maior, pero agora dime: que traballo non che gustaría ser de maior? Por que?

Dende a casa as profes seguimos traballando, cóntame que cousas boas teñen as mestras, e que cousas malas teñen as mestras. Gustaríache selo tamén de maior?

Cando recibas estas actividades seguro que xa puideches saír da casa a dar unha voltiña. Cóntame, con quen saíches? Como te sentiches? Onde fuches?

No blogue de orientación tes unha entrada con esta info https://orienta2vite1.blogspot.com/  e ademais moitos contos contados por nós da semana pasada que foi o día do libro.

Podes facer estas actividades gravadas para mandarme ou se queres que fagamos unha sesión online, avísame ao meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que teñades unha boa semana, e calquer cousiña que precisedes contactade comigo sen problema! Unha aperta agarimosa!
ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 20 AO 24 DE ABRIL.
Ola a todas e todos! Arrancamos cunha nova semana! Para estes días propóñovos unha actividade que estou facendo na casa. Xurdiu nas redes sociais e chámase #colouryourquarantine que significa: colorea a túa cuarentena. Consiste en cada día escoller unha cor e buscar obxectos e roupa que temos na casa con esa cor e sacarnos unha foto, cantos máis sexamos mellor! Aquí vos deixo as que comezamos a facer na casa:

Branco.

                                                               Negro.


Xa temos tamén montadas as de rosa, gris e azul. Hoxe faremos a de marrón! Pasamos un rato divertido tódolos días e ademais quédanos de recordo.

Despois de sacar a foto propóñovos unha serie de actividades

- Que digan o nome de 5 obxectos desa cor que saian na foto. (ex: GAFAS). Se son gradiños poden intentar escribilas.

- Se non podemos escribilas en maiúsculas nós e pedirlles: Rodea a primeira letra, subliña a última.

- Podemos probar a dar palmadas para saber cantos golpes (sílabas) ten cada unha e traballar o conteo. (ex: ga – fas. 1 – 2. 2!).

- Que intenten explicar coas súas palabras para que serve cada un deses obxectos. (ex: As gafas de sol serven para protexer os ollos da luz).

- Busca dous obxectos máis na casa que comecen con esa letra/son (ex: garrafa, gorra).

- Inventar unha frase con cada unha das 5 palabras (ex: As miñas gafas son moi antigas).

- Inventar un miniconto no que aparezan esas palabras, ademais ten que ser unha historia relacionada  coa foto! (ex: O outro día mentres estaba facendo deporte na casa, facía tanto sol que incluso tiven que poñer as gafas...).

Se queredes compartir os vosos proxectos eu estarei encantada de velos! Calquer cousiña ou dúbida, xa sabedes que podedes escribirme ao meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Que teñades unha semana chea de cor, fotos e risas! Unha aperta moi grande!

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (PELO) DO 14 AO 17 DE ABRIL.


Ola a todos e todas, agardo que durante estes días de Semana Santa puiderades desconectar na medida do posible. Arrancamos de novo con este pequeno repaso!

- Aínda que non podemos viaxar sempre podemos imaxinar! Pedídelle aos nenos e nenas que vos conten a onde lles gustaría viaxar, poder ser un país ou un lugar. Por que o elexiron? Que ten de interesante? Que farían ao chegar alí? Por que o recomendarían? Podemos incluso buscar fotos en google para que o vexan ou incluso visitalo a través do street view.

- Aquí vai un xoguiño para practicar a comprensión oral e o seguimento de instruccións:


- https://conteni2.educarex.es/mats/11340/contenido/index2.html  E aquí poderedes practicar a discriminación auditiva.

Xa sabedes que calquer cousiña que precisedes, dúbida, máis actividades..., avisádeme sen problema ao meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal.

Moito animiño! Xa queda menos!





ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
Ola familias! Aquí vos deixo unhas novas recomendacións para pasar estes días estimulando a
linguaxe oral dende a casa. Se queredes ampliar máis, algo máis concreto, dúbidas...
o meu correo é: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal 


  • Expresión oral: Neste link: http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/disfruta-de-animales-3d-en-tu-casa-de.html tedes un titorial para poder facer aparecer animais na vosa casa mediante só o móbil e a realidade aumentada. Podemos pedirlle ao neno ou nena que nos diga o seu animal favorito, depende do nivel de lectoescritura que o escriban eles mesmos, facelo aparecer, preguntar para que nolo describan físicamente, tamén que nos expliquen por que é o seu animal favorito, se sabe ónde vive ou o que come, etc. 

  • Rutinas: Seguides facendo o diario que vos dixen? Eu estou facendo un dos meus sentimentos estes días mediante cores, cada cor simboliza un estado de ánimo. Podemos facer un diario debuxado no que practiquemos a poñer a data en números e debaixo un debuxo dalgo que lles gustase ese día e pedímoslle que no lo expliquen en alto. Así tamén practicamos as series: días da semana, meses, números… Pódese facer un diario do tempo, do que comeron (memoria a curto prazo), ou de como se sentiron ese día. Hai unha app: día a día, que é moi visual e podes engadir audios de voz, fotos e vídeos. 



Agardo que estes días estedes todos e todas ben. Dentro de pouco poderémonos ver outra vez.

Apertas virtuais!

 ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
 Ola familias! Aquí vos deixo unhas novas recomendacións para pasar estes días estimulando a linguaxe oral dende a casa. Se queredes ampliar máis, algo máis concreto, dúbidas... o meu correo é: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal
- Comprensión:
https://www.bosquedefantasias.com/videos-de-cuentos-infantiles aquí tendes contos infantís para poder entretelos aprendendo e tamén podemos realizar preguntas ao final para asegurarnos que entenderon e que estiveron atentos e atentas.
 - Expresión oral: Neste
link:
http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/disfruta-de-animales-3d-en-tu-casa-de.ht ml tedes un titorial para poder facer aparecer animais na vosa casa mediante só o móbil e a realidade aumentada. Podemos pedirlle ao neno ou nena que nos diga o seu animal favorito, depende do nivel de lectoescritura que o escriban eles mesmos, facelo aparecer, preguntar para que nolo describan físicamente, tamén que nos expliquen por que é o seu animal favorito, se sabe ónde vive ou o que come, etc.
- Rutinas:
Seguides facendo o diario que vos dixen? Eu estou facendo un dos meus sentimentos estes días mediante cores, cada cor simboliza un estado de ánimo. Podemos facer un diario debuxado no que practiquemos a poñer a data en números e debaixo un debuxo dalgo que lles gustase ese día e pedímoslle que no lo expliquen en alto. Así tamén practicamos as series: días da semana, meses, números... Pódese facer un diario do tempo, do que comeron (memoria a curto prazo), ou de como se sentiron ese día. Hai unha app: día a día, que é moi visual e podes engadir audios de voz, fotos e vídeos.
- Xogos con letras, sons e palabras:
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2007/cajon_sastre/jocs/pintar /pintar.html​ Aquí poderedes xogar a pintar mentres repasamos vocabulario.
https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=vocabulario&l=es máis vocabulario para os peques.
E un variado: ​http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/infantil
Agardo que estes días estedes todos e todas ben. Dentro de pouco poderémonos ver outra vez. Apertas virtuais!
   


ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO. EDUCACIÓN INFANTIL
Ola familias! Aquí vos deixo unhas recomendacións para pasar estes días estimulando a linguaxe oral dende a casa. O meu correo electrónico para calqueira dúbida, suxestión, petición,... é: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal
- Comprensión oral/lectora:
Lédelles un contiño ao día, sempre ao rematar facemos unhas cantas preguntiñas para asegurarnos de que estiveron atentos/as e o entenderon (a min tamén me gusta ir preguntando ás veces polo medio).
Se precisades suxestións de contos por idades/temáticas/videocontos... consultádeme sen problema.
- Expresión oral:
Vemos unha curta en youtube que non teña diálogos (por exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U​) e tras vela varias veces xogamos a poñerlle diálogos falando nós.
- Rutinas:
Podemos facer un diario debuxado no que practiquemos a poñer a data en números e debaixo un debuxo dalgo que lles gustase ese día e pedímoslle que no lo expliquen en alto. Así tamén practicamos as series: días da semana, meses, números... Pódese facer un diario do tempo, do que comeron (memoria a curto prazo), ou de como se sentiron ese día. Hai unha app: día a día, que é moi visual e podes engadir audios de voz, fotos e vídeos.
- Xogos con letras, sons e palabras:
Haberá que adaptalos ou descartalos segundo idade, algúns exemplos do que facemos en clase: palabras encadenadas pola última letra, xogar ao vexo vexo pero en vez de cores pola inicial, xogar ao pictionary (pero con sons e mímica para relacionalo con palabras), facemos que tocamos un instrumento e contamos cantas notas (sílabas) ten unha palabra,...
  
 - LSE (Lingua de Signos Española):
Esta canle de youtube, Don Signo, ten vídeos curtos con signos para aprender:
https://www.youtube.com/channel/UCJ7wXdt6_YxLoUM7ycCx_6w
Tamén a canle de AZ ten cancións signadas para nenos e nenas:
https://www.youtube.com/channel/UC90kouzv8oW8ELcjTJQzB4w
- Webs interesantes:
http://www.ayudaparamaestros.com/2019/03/110-recursos-tic-y-actividades.html
(un montón de recursos para traballar conceptos básicos e expresión oral. Ollo, hai cousas en inglés)
http://www.ceiploreto.es/
No botón que pon Educación Infantil tendes un montón de unidades interesantes para traballar cos nenos e nenas.

Se esta situación se alongase mandaría outro dossier. Tendes o meu contacto para calquer cousiña que precisedes. O máis importante agora é que os nenos e nenas se sintan estimulados, queridos e coidados. Agardo que podámonos ver moi pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario