4 de maio de 2020

A FESTA DOS MAIOS


Coa chegada das FLORES chega tamén a FESTA DOS MAIOS, unha ancestral tradición que se celebra a principios do mes de maio en moitos pobos de Galicia.
Esta festa forma parte do chamado "ciclo de maio", unha época de exaltación da natureza que se produce na primavera.
Son moi típicas as estruturas con forma de árbore, construídas con musgo, fieitos, xestas … e decoradas con flores, froitos e ovos. Pero son habituais tamén os arcos de flores, os ramos … e incluso maios con forma humana, de animais, hórreos …
Unha das tradicións é cantar ou recitar coplas, cancións e poesías relacionadas coa primavera ao redor do maio.
Agora que podemos saír a dar paseos podemos coller flores e follas e facer o noso propio maio. As posibilidades son infinitas, tantas como vos permita a vosa imaxinación …
Podedes usar todo tipo de materiais para decorar, como lazos ou teas, e facer a estrutura que vos guste máis (un móbil ou decoracións para fiestras, por exemplo).
Aquí tendes algunhas ideas creativas de como facer un maio na casa:
ÁNIMO ARTISTAS!

OS VOSOS MAIOS

AISHA E A SÚA PRECIOSA MANDALA FLORAL






MAURO fixo una ESPECTACULAR FAROLA de

flores … ISTO É ARTE EN ESTADO PURO!




ENZO, MARIÑA E SEBASTIÁN COS SEUS MAIOS …

CADA UN NO SEU ESTILO …

QUE PEDAZO DE ARTISTAS!!!