29 de mar. de 2020


COMO FACER PLASTILINA NA CASA
A todos vos gusta descubrir novas texturas.  É un bo momento  para que experimentedes coa masa que imos facer.
É moi moi fácil e levará uns minutos.
ATENTOS!
1.- INGREDIENTES:
  • 3 tazas de fariña de trigo
  • 1 taza de sal fina (retén a humidade  e axuda a que sexa moldeable)
  • 1 taza de agua fría
  • 1 cullerada de xabrón lavalouzas

2.- Mesturamos a fariña, o sal e a auga nun bol grande

3.- Engadimos a cullerada de xabrón ( podedes poñer xabrón de bebés para que non sexa tóxico)


4.- Unha vez teñamos unha masa compacta engadimos colorante alimentario para darlle cor. Este paso é totalmente opcional.

5.- Deixamos que repouse un pouquiño


6.- A MODELAR! Xa podemos desfrutar!!!!!! Seguro que facedes cousas máis chulas ca miña.

7.-MOI IMPORTANTE. A nosa plasti debémola gardar nun bote ou en papel film para que nos dure. Se se endurece demasiado mollámola cunha pouquiña auga e.... a modelar outra vez.