4 de abr. de 2020

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS DE SEMANA SANTA !!!
Este ano temos unhas “vacacións” moi especiais porque as pasaremos na casa buscando cousas diferentes que facer.
Queremos propoñer antes de marchar que empecedes a facer:

             RECORDOS DUN CONFINAMENTO

O que vos propoñemos e que decoredes unha caixa, bote, ... pintando, pegando papeis, ... Dentro podedes ir metendo: debuxos, cancións, algo interesante que vos pasara ou que descubristedes, fotos de comidas, ....
Dentro dunhas semanas esta caixa estará chea de recordos que poderedes compartir con vosos amig@s.

Esperamos que o pasedes moi ben nestas “peculiares” vacacións de Semana Santa.