17 mar. 2016

Benvidos ao Polo Sur!

Ao longo destas semanas, os nenos e nenas de 3 anos viaxamos ao Polo Sur. 
A aventura comezou a través dun conto, onde o persoaxe era un neno que axudaba a un pingüín a regresar á súa casa do Polo Sur.

Despois da lectura do conto, puxémonos a investigar sobre unha gran dúbida: en que recuncho do mundo estaba o Polo Sur?




Logo interesámonos por saber quen vive no Polo Sur, que roupa usan...

.

E, pouco a pouco, fomos construíndo un esquimó, que sería o noso novo compañeiro de clase...



Pero, os nenos e nenas tamén quixeron vestirse de esquimó, e puxémonos mans á obra!


Tamén descubrimos que os esquimós se abrigaban moito porque no Polo Sur había moito xeo, pero... como é o xeo? Frío ou quente? Decidimos facelo para sabelo.



Xeos máxicos que pintan!





Tamén descubrimos que no Polo Sur neva moito, e quixemos saber como eran as folerpas de neve dunha forma moi doce...





Tamén coñecemos moitos animais do Polo Sur: focas, orcas, morsas,... pero os que máis nos gustaron foron os osos polares, e quixemos facer un.


.



Logo quixemos saber como eran as casas do Polo Sur...



Descubrimos que as casas eran moi diferentes á nosa: de xeo, redondas...As súas casas parecéronnos tan curiosas que decidimos instaurar unha na nosa aula e puxémonos mans á obra: as familias achegaron os bloques de xeo e os nenos e nenas esforzáronse durante días e días de intenso traballo.

Primeiro, pensamos entre todos cómo podíamos colocar os bloques de xeo…



Logo, unha vez que decidimos cómo colocar os bloques, comezamos a pegar…


Despois de pegar, había que esperar que secaran…





E chegou a hora de poñerlle o tellado…




 E, por fin, rematamos o noso iglú!




Benvidos ao Polo Sur de Vite!