COMO FACER PLASTILINA NA CASA
A todos vos gusta descubrir novas texturas.
É un bo momento para que experimentedes
coa masa que imos facer.
É moi moi fácil e levará uns minutos.
ATENTOS!
1.- INGREDIENTES:
- 3 tazas
de fariña de trigo
- 1 taza
de sal fina (retén a humidade e axuda
a que sexa moldeable)
- 1 taza
de agua fría
- 1 cullerada de xabrón lavalouzas
2.- Mesturamos a fariña, o sal e a
auga nun bol grande
3.- Engadimos a cullerada de
xabrón ( podedes poñer xabrón de bebés para que non sexa tóxico)
4.- Unha vez teñamos unha masa compacta engadimos
colorante alimentario para darlle cor. Este paso é totalmente opcional.
5.- Deixamos que repouse un pouquiño
6.- A MODELAR! Xa podemos desfrutar!!!!!! Seguro que facedes cousas máis chulas ca miña.
7.-MOI IMPORTANTE. A nosa plasti debémola gardar nun bote ou en papel film para que nos dure. Se se endurece demasiado mollámola cunha pouquiña auga e.... a modelar outra vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario