MORADOS


En caso de querer comunicarvos conmigo: alicia.maria.leborans@edu.xunta.es

*Empezarei a colgar todos os vídeos e fotos solo en galería de fotos e deixarei esta páxina para propostas de actividades

19 XUÑO 2020
Chegou o "último día do curso". Esta é a última actividade que vou propoñer.
Primeiro hai que buscar diferentes revistas de onde poidades recortar ollos, bocas, narices, orellas ... despois debuxades un óvalo e compoñemos unha cara.
Despois de montar unha cara podedes facer o resto do corpo. Para facelo podedes usar tubos de cartón que teñades pola casa.
Espero que o pasedes moi ben durante as vacacións de verán. Vémonos en setembro !!!!!!!!!!

18 XUÑO 2020

TRABALENGUAS

Vamos a ejercitar la memoria y la pronunciación. Hay que aprender estos trabalenguas de memoria y después decirlos cada vez más rápido.
Si hicisteis el "susurrador de poesías" podéis usarlo para decir los trabalenguas.



17 XUÑO 2020

ADIVINA, ADIVINANZA





16 XUÑO 2020

EMPEZA POR ......
Este xogo é para seguir coñecendo as letras do abecedario.
Hai que buscar cestas, caixas, ... ou outros recipientes que teñades na casa.
Dentro de ese recipiente poñemos unha tarxeta con unha letra e hai que meter no recipiente cousas que teñades na casa que empecen por esa letra.

Cando teñades os recipientes cheos podedes escribir o nome de todas as cousas.
15 XUÑO 2020

Xa chegamos a última semana de este "curso tan diferente". 

Esta semana os experimentos que vos propoño son:

"O ovo que salta"


"Crear un remuiño/vórtice de auga"




12 XUÑO 2020
Abecedario
Se tedes pinzas  para tender a a roupa podedes escribir ou pegar en cada pinza unha letra do abecedario.
 Unha vez que teñamos o noso abecedario podemos formar palabras.












11 XUÑO 2020
Cuáles son las palabras que empiezan por ...


 
Escribid el nombre de las cosas que empiezan por las diferentes letras y podéis hacer los dibujos al lado de cada palabra.

10 XUÑO 2020
Podedes contar e escribir cantas figuras do mesmo tamaño hay? Onde hai máis? Onde menos?
Cando acabedes de contar podedes facer a vosa propia  composición.
1º recortar tiras de colores da mesma medida (repetilo con tiras máis pequenas ou máis grandes).
2º montar as figuras combinando tiras, poden ser de unha cor, de dúas cores,... 

9 XUÑO 2020
Seguimos repasando o abecedario coa letra  F
Aqui tedes un cadro de Piet Mondrian: "Composición en rojo, azul y amarillo"


   VEDES ONDE APARECE A LETRA  F?

*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"


Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.

Ahora a escribir palabras que empecen por F. Cantas podedes pensar?


8 XUÑO 2020



EXPERIMENTO : GLOBO-COHETE
Materiais: globo, fío largo, palliña de refresco, cinta adhesiva
Proceso: pasar o fío pola palliña e atar os dous extremos do fío a un soporte sólido, de forma que a palliña quede suspendida a unha certa altura do chan.
Inchar e agarrar o globo cos dedos para que non se escape o aire, pegalo a palliña coa cinta adhesiva e colocalo nun dos extremos do fío. Soltamos o globo e observamos que pasa.  
Observación:  a palliña móvese a través do fío
Conclusión: “para que algo se mova precisa unha forza e neste caso o que fai que se movan a palliña e o globo é o aire”.
Rexistro: Podemos ir rexistrando o experimento nun folio. A organización da información(non ten que coincidir coa que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación os nenos/as cheguen a algunha conclusión)  podería ser a que xa puxen anteriormente no outro experimento que propuxen o 27 de abril.


5 XUÑO 2020
IMOS A SER FOTÓGRAFAS E FOTÓGRAFOS

Que vos parece se facemos a nosa propia cámara de fotos para poder sacar fotografías  das cousas e persoas que máis vos gustan?
1.-  Buscar unha caixa pequena.
2.- Decorar a caixa coma se fose unha cámara de fotos (mirar a imaxe).
3.- Recortar papeis que poidamos meter dentro da caixa.
4.- Facer debuxos nos papeis de persoas, animais ou cousas da nosa casa.
5.- Metemos os debuxos dentro da “nosa cámara de fotos” e xa podemos empezar a facer as fotografías.

4 XUÑO 2020
Aqui tenéis tres cuadros que os van a ayudar a formar palabras. Los cuadros tienes diferente nivel de dificultad: fácil, medio y difícil.
A ver cuantas palabras podeis formar.








3 XUÑO 2020


AS  TIRAS  DAS  IDADES
Quén é a persoa que ten máis anos da vosa familia, quén ten menos,…? Imos a comprobalo.
1.-Sobre un folio colocado horizontalmente escribir o nome e a idade dos membros da familia comezando polo do neno/a.
2.-Preparar tiras de papel divididos en cadrados. Cada cadrado representa un ano de vida. Se por exemplo o neno/a ten 6 anos,  conta 6 cadrados. Para contar pódese ir poñendo o número en cada cadrado.
3.- Cortar a tira e pegala no folio debaixo do  nome que lle corresponde. Hai que facer unha tira por cada persoa que se puxo no folio ( pais, irmáns, avós, …). 
4.-Cando a actividade remate colgar o folio nunha parede e poderase observar o resultado. Certas tiras, longuísimas, tocan o chan.



2 XUÑO 2020
Seguimos repasando o abecedario coa letra  E
Aqui tedes un cadro de Salvador Dalí: "Jirafas en llamas"

   VEDES ONDE APARECE A LETRA  E?

*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"


Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.


Ahora a escribir palabras que empecen por E. Cantas podedes pensar?




1 XUÑO 2020


EXPERIMENTO : A BOLIÑA QUE NON QUERÍA ENTRAR NA BOTELLA
Materiais: unha botella de boca estreita, un trozo de papel.
Proceso: colocar  a botella tumbada sobre unha mesa.
Facer  unha boliña do tamaño de un chícharo co papel, colocar a boliña no cuello da botella e soprar rapidamente  e con forza cara dentro da botella.
Observación:  en lugar de entrar voando na botella, a boliña de papel tende a saír en dirección a ti.
Conclusión: “o aire, o desprazarse rapidamente, pasa rozando o papel, chega a  base da botella e aumenta a presión do aire no interior de esta.O aire, o saír  comprimido e a toda velocidade da botella, arrastra o papel cara fóra”.
Rexistro: Podemos ir rexistrando o experimento nun folio. A organización da información(non ten que coincidir coa que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación os nenos/as cheguen a algunha conclusión)  podería ser a que xa puxen anteriormente no outro experimento que propuxen o 27 de abril.

29 MAIO 2020


UN MUNDO DE CORES

Gustaríavos poder ver o mundo de diferentes cores?  Imos a facer unhas gafas que vos permitan ver o mundo da cor que queirades.
Para facer estas gafas precisamos tubos de papel hixiénico ou de cociña.  Podedes pedir axuda a un adulto para recortar.

Recortamos catro círculos do tubo.
Abrimos dous tubos e poñémoslle encima algo pesado para que non queden tan cerrados.
Unimos os dous círculos, para unilos cortamos outro trozo pequeno do tubo e pegamos como se ve na imaxe.
Pegamos as  “patillas” que tiñamos debaixo dun peso.
Se tedes papel celofán de colores pegades dous trozos onde irían os cristais. Asi según a cor que lle poñades veredes o mundo de diferente cor.

 Se poñedes papel  celofán rosa  nas vosas gafas veredes o “mundo de cor rosa”.


28 MAIO 2020
Sabedes o que é un intruso?  É algo ou alguen que está nun sitio que non lle corresponde ou onde non debería estar.

Nestas dúas tiras sabedes cal é o intruso? Escribide o nome de todos os debuxos que aparecen nas tiras e rodeade o que credes que é o intruso. Tedes que argumentar a vosa resposta.
Tamén podedes facer unha frase con cada elemento.


27 MAIO 2020

Recordades este libro?



Esta historia fala  dun monstruo  que cada vez ten máis cousas: ollos, bocas, pernas, ...
Imos a debuxar o noso propio monstruo.
Collemos un ou dous dados, que precisamos para decidir o número de cousas que vai ter o noso monstruo.
Facemos  tarxetas e en cada unha escribimos  unha parte  do corpo que pode ter un monstruo: ollos, boca, cornos, orellas, rabos, pernas, narices, ... e metemolas nunha caixa ou bolsa.
Debuxamos un gran óvalo nun folio.
Tiramos o dado (podemos tirar un ou dous, no caso de tirar dous hai que sumar o número de cada dado) e escribimos nun folio o número que saiu.
Collemos unha tarxeta da caixa ou bolsa, lemos o que pon e escribimolo o lado do número que saiu nos dados.
Debuxamos no monstruo o número de partes do corpo que temos apuntado. E volvemos o primeiro paso.
Cando rematemos podemos poñerlle un nome o noso monstruo e escribilo.

26 MAIO 2020
Seguimos repasando o abecedario coa letra  D
Aqui tedes un cadro de Pablo Picasso: "Cabeza"

   VEDES ONDE APARECE A LETRA  D?



*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"


Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.



Ahora a escribir palabras que empecen por D. Cantas podedes pensar?


25 MAIO 2020



EXPERIMENTO : UN ESCUDO INVISIBLE
Materiais: unha folla de periódico, un vaso baleiro, un recipiente grande.  
Proceso: arrugamos a folla de periódico e introducímola no fondo do vaso baleiro de tal maneira que non caia cando poñamos o vaso boca abaixo. 
Metemos o vaso boca abaixo e ben dereito no recipiente cheo de auga e deixámolo durante un minuto, máis ou menos. Sacamos o vaso da auga e sacamos a folla de periódico do seu interior.
Observación:  o papel está seco.
Conclusión: “a auga non pode penetrar no vaso porque o vaso  xa está cheo de aire, e ese aire non pode saír porque é máis lixeiro que a auga.”.
Rexistro: Podemos ir rexistrando o experimento nun folio. A organización da información(non ten que coincidir coa que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación os nenos/as cheguen a algunha conclusión)  podería ser a que xa puxen anteriormente no outro experimento que propuxen o 27 de abril.

20 MAIO 2020

Esta semana é máis curta xa que temos a ponte da Ascensión así que está será a última actividade de esta semana.
Que vós parece se xogamos co círculo cromático?
Necesitades dados. Podedes facer a actividades con un, con dous ou se vos animades con máis dados.
Tirades os dados e contades o número, despóis hai que coller o número de cousas da mesma cor que saiu no dado. Seguides facendo tiradas cos dados e en cada ocasión hai que cambiar de cor no número de cousas que se collen e ir formando un círculo cromático.

Despois podedes debuxar o voso propio círculo cromático pintando. Recordamos as cores primarias: azul, amarelo e magenta. Mezclando estas cores conseguimos os verdes, laranxas e morados, e para facelos máis claros ou máis oscuros usamos o blanco e o negro.
Aquí vos deixo diferentes modelos para poder facer o voso círculo cromático.




19 MAIO 2020
Seguimos repasando o abecedario coa letra  C
Aqui tedes un cadro de Marc Chagall: "El cuervo queriendo imitar al águila"

   VEDES ONDE APARECE A LETRA  C?



*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"


Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.
Ahora a escribir palabras que empecen por C. Cantas podedes pensar?


18 MAIO 2020

EXPERIMENTO: O AIRE QUENTE DILÁTASE
Materiais: botella de cristal pequena, recipiente grande, un globo e auga quente.  
Proceso: poñemos o globo no cuello da botella “baleira”. Botamos auga quente no recipiente. Metemos a botella na auga. Qué vai pasar?
Observación:  o globo comeza inmediatamente a inflarse e levántase. Por qué?
O neno xa experimentou antes que a botella non está baleira senón chea de aire. 
Conclusión: “a auga quente quenta a botella e o aire que contén. O aire quente ocupa máis espazo pois dilátase e non podendo estar na botella expándese cara o globo”.
Se esperamos a que a botella se enfríe, constatamos que o globo se desinfla. Pódese repetir o experimento botando máis auga quente.
Rexistro:  pódese  rexistrar o proceso do experimento nun folio. A organización da información(non ten que coincidir coa que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación os nenos/as cheguen a algunha conclusión)  podería ser a que xa puxen anteriormente no outro experimento que propuxen o 27 de abril.

15 MAIO 2020

ESCAPE ROOM. AQUÍ VOS DEIXO UNHAS DIRECCIÓNS ONDE PODEDES FACER UNHA ACTIVIDADE "DIFERENTE"

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentación-letras20




14 MAIO 2020

Cando atopedes as seis diferenzas podedes debuxar o voso galiñeiro con galiñas, galos, ...
que máis cousas poderiades debuxar no galiñeiro?

13 MAIO 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA é un dos libros de Ricardo Carvalho Calero. Nel fala dunha experiencia que el e a súa familia viviron.
Aquí tedes un fragmento da historia que se conta neste libro.
12 MAIO 2020

Imos a seguir coñecendo a Ricardo Carvalho Calero.
Aqui tedes a súa biografía, onde aparecen os feitos máis destacados da súa vida, onde naceu, o nome dos seus pais, os irmáns que tiña, onde estudou,...

Despois de ler a biografía de Ricardo Carvalho podedes intentar facer a vosa biografía cos datos máis destacados da vosa vida, incluso podedes buscar e poñer fotos.





11 MAIO 2020

Xa sabedes a quen representa  e onde está a obra que aparece o 8 de maio?

Está en Santiago e representa o homenaxeado  das Letras Galegas que se celebra o 17 de maio (aínda que este ano a celebración será en outubro)

Aqui tedes unha caricatura e as letras desordenadas do seu nome e apelidos. Se alguén vos vai dictando recordade que tedes que usar para cada palabra todas as letras,  nos vos pode sobrar ningunha (podedes facelo escribindo ou pegando letras móbiles).



8 MAIO 2020

Sabedes onde está e a quen representa esta obra?



7 MAIO 2020

ADIVINANZA




CUANDO SEPÁIS LA SOLUCIÓN PODÉIS ESCRIBIR Y DIBUJAR LA SOLUCIÓN.



6 MAIO 2020

Podedes contar cantas caras tristes e cantas caras alegres hai?



ALEGRES:


TRISTES:


5 MAIO 2020
Seguimos repasando o abecedario coa letra  B
Aqui tedes un cadro de Robert Combas: "Presunto retrato de Christian Boltanski"

   VEDES ONDE APARECE A LETRA  B?
*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"


Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.

Ahora a escribir palabras que empecen por B. Cantas podedes pensar?



4 MAIO 2020




EXPERIMENTO: A CANDEA APÁGASE                                              
 Materiais: 2 candeas (velas) planas, 2 frascos de cristal sen tapa de distinto tamaño.                            Proceso: Acendemos as candeas. O neno/a debe tomar un dos frascos  e vós tomades o outro. Xuntos, ao mesmo tempo, volteades os frascos cubrindo as candeas e observades a chama.                                                                                                
Observación: a candea que está tapada polo frasco de maior tamaño tarda máis tempo en apagarse.                                                                                  
Conclusión: "o lume precisa aire para arder, utiliza o que está dentro do frasco e cando xa non hai apágase. No frasco grande hai máis oxíseno polo que a chama tarda máis tempo en apagarse".
Axudámolo a comprender o fenómeno deixando que o neno/a nos diga as súas hipóteses e aportando nos argumentos
Rexistro: podemos ir rexistrando o experimento nun folio. A organización da información(non ten que coincidir coa que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación cheguen a algunha conclusión)  poderia ser a que xa puxen anteriormente no outro experimento que propuxen o 27 de abril.

                        

30 ABRIL 2020

               SUSURRADORES DE POESÍA



Animádesvos a facer un susurrador de poesía? Podedes usar os tubos de cartón do papel hixiénico, os do papel de cociña,... pegalos e decoralos.
Cando teñades feito o voso susurrador buscade unha persoa a que susurrarlle unha poesía. Recordades algunha? Tedes gardadas as postais do día da poesía dos cursos anteriores? Tamén podedes susurrar os versos da primavera que podedes atopar na páxina de "Varios".


29 ABRIL 2020

Imos a repasar as letras do abecedario. Empezamos pola A
Aqui tedes un fragmento dun cadro de Giotto: "Expulsión de los demonios de Arezzo"

   VEDES ONDE APARECE A LETRA  A?


*Os cadros que irán aparecendo nesta actividade están no libro da editorial SM "Las letras en el arte"

Sabedes cal é palabra da que se fala nestas tarxetas? Na esquerda aparecen as letras da palabra desordenadas.


Ahora a escribir palabras que empecen por A. Cantas podedes pensar?



27 ABRIL 2020



EXPERIMENTO: O AIRE OCUPA TODO O ESPAZO

MATERIAIS: botella de cristal, embudo, plastilina e xerra con auga
PROCESO:
Paso 1- Metemos o embudo na botella e pedísmolle ao neno/a que usando a xerra boten auga no embudo. Facemos hipótesis sobre o que creemos que vai pasar.
Observamos o que pasa: “A auga cae dentro da botella”
Paso 2- Vaciamos a auga da botella e colocamos todo coma ao principio pero esta vez selamos con plastilina ou algo similar o cuello da botella onde se xunta co embudo. Agora volvemos a pedirle que bote auga no embudo. Facemos hipótesis sobre o que creemos que vai pasar.
Observamos o que pasa: “A auga non cae dentro da botella senón que permanece no embudo”.
Conclusión: "A plastilina impide que o aire que está dentro da botella poida saír ocupando así todo o espazo polo que non lle deixa sitio á auga."
Podemos ir rexistrando o experimento nun folio. O que se rexistra é o que os nenos/as van dicindo do que van observando (non ten que coincidir co proceso que se explica arriba pero intentaremos que con preguntas e dirixindo a súa observación cheguen a algunha conclusión). A organización da información poderia ser a seguinte:
24 ABRIL 2020

Este fin de semana algúns de vos empezaredes a saír a pasear despóis de varias semanas na casa.
É un bo momento para que reflexedes estes momentos facendo debuxos, escribindo a donde ides, que vos chamou a atención ,... tamén se atopades algo podedes gardalo na caixa dos recordos.
Para recordar ben o que fagades e cando o fixestes é importante que poñades a data de cada unha das vosas produccións e unha palabra, frase ou texto para despois poder compartilo con demais.

ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN ESTE FIN DE SEMANA !!!



22 ABRIL 2020
CLASIFICANDO CON CATÁLOGOS
Probablemente na casa teñades algún tipo de catálogo ( de supermercardo, de xoguetes, ..). Podemos aproveitar estes catálogos para facer diferentes clasificacións recortando as fotos, palabras, precios, ...

  • Coller un folio e poñer diferentes letras do abecedario. Debaixo de cada letra pegamos fotos de cousas que empecen por esa letra, o lado escribimos o nome de cada cousa.
  • Clasificar elementos en diferentes grupos: productos de limpeza, comida, bebida,...; froitas, peixe, carne.
  • Recortar diferentes precios e clasificalos en maior ou menor que unha cantidade marcada previamente: 10, 5, 8,...


21 ABRIL 2020

Miss Ana manda esta actividade para a clase de 5 anos.

Watch the story  The magic elf

https://www.youtube.com/watch?v=gn4wPAdV9H4&feature=youtu.be

C
an you draw the toys in the story?
Match the pictures with the names:

car       bike     ball       scooter         doll        robot  
Send me a picture of your drawing.



Podes debuxar os xoguetes que aparecen no conto?
Agora escibe os nomes dos xoguetes ao lado do debuxo.

car       bike     ball       scooter         doll        robot  
Envíame unha foto dos teus debuxos.
vitemissana20@gmail.com

17 ABRIL 2020

MÁIS PROPOSTAS CO NOME: ACRÓSTICOS
Para facer un acróstico poñemos o nome en vertical e escribimos palabras que empecen por cada unha das letras que o compoñen. Podemos facelo primeiro co noso nome, cos nomes da nosa familia e cos dos compañeir@s da aula.

ROSA
OLLO
DEDO
RISA
INDIO
GATO
ORELLA


XOGANDO COAS SOMBRAS

O primeiro que facemos é buscar unha ventana onde poidamos poñer un folio. Collemos un animal ou un xoguete que colocamos encima do folio procurando que a sombra este no folio.


Repasamos a sombra e despois completamos, pintamos e decoramos o debuxo.



14 ABRIL 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA !!!!!

ESTAS FORON UNHAS "VACACIÓNS" MOI DIFERENTES. TODOS ESTAMOS DESEXANDO SAÍR E RECORDAMOS TODO O QUE FACIAMOS.
SEGURO QUE TEDES RECORDOS DE VIAXES, XOGOS, PASEOS,... E TAMEN HABERÍA BOS MOMENTOS NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS. HAI NEN@S COMO XOANA E CHRISTIAN QUE CELEBRARON O SEU ANIVERSARIO. XA TEÑEN 6 ANOS!!!!!
SE QUEREDES COMPARTIR ALGÚNS DESTES MOMENTOS COS DEMAIS PODEDES ENVIAR O MEU CORREO MONTAXES OU FOTOS PARA POÑER NO BLOG,
DEIXOVOS ALGÚNS DOS BOS MOMENTOS QUE A MIN ME GUSTA RECORDAR.




27 marzo 2020

XOGANDO COAS MANS
Imos a aprender un xogo de palmas. O primeiro que podemos facer é aprender a letra do xogo "Meriuan tu zri".
É unha letra acumulativa e para poder aprendela podemos escribir, montar con letras móbiles, ... as diferentes palabras que aparecen na canción nun folio, despois pegamos un folio debaixo de outro, cando teñamos todas as palabras escritas buscamos un sitio onde  expoñelo para que nos axude a cantar a canción cando esteamos xogando.

FRENTE, CARA
MANO, CODO
MUSLO, PIERNA

PUNTA, PIE
SEÑORITA
CABALLERO

.....

  
MERIUAN TU ZRI
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA
MERIUAN TU ZRI
MANO CODO
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MERIUAN TU ZRI
MUSLO PIERNA
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA
MERIUAN TU ZRI
PUNTA PIE
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE
MERIUAN TU ZRI
SEÑORITA
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE, SEÑORITA
MERIUAN TU ZRI
CABALLERO
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO




MERIUAN TU ZRI
INDIO APACHE
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO, MUSLO PIERNA,
PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO, INDIO APACHE
MERIUAN TU ZRI
FRÍO UN HUEVO
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO
INDIO APACHE, FRÍO UN HUEVO
MERIUAN TU ZRI
MEDIA VUELTA
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO
INDIO APACHE, FRÍO UN HUEVO, MEDIA VUELTA
MERIUAN TU ZRI
VUELTA ENTERA
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO, MUSLO PIERNA,
PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO, INDIO APACHE,
FRÍO UN HUEVO, MEDIA VUELTA, VUELTA ENTERA
MERIUAN TU ZRI
EL FINAL
MERIUAN TU ZRI
FRENTE CARA, MANO CODO
MUSLO PIERNA, PUNTA PIE, SEÑORITA, CABALLERO
INDIO APACHE, FRÍO UN HUEVO, MEDIA VUELTA
VUELTA ENTERA,
EL FINAL.
     
MOVIMIENTOS
FRENTE CARA: con el índice toca la frente y a la vez con el pulgar la mejilla.
MANO CODO: se da una palmada y se toca el codo.
MUSLO PIERNA: se tocan con la mano.
PUNTA PIE: se da en el suelo primero con la punta y luego con el talón.
SEÑORITA: saludar cogiéndose el vestido.
CABALLERO: saludar como quitándose un sombrero.
INDIO APACHE: se ponen los dedos índice y corazón estirados como una pluma junto a la cabeza mientras la mano del otro brazo sujeta el codo.
FRÍO UN HUEVO: gesto de mover la sartén.
MEDIA VUELTA: se da media vuelta.
VUELTA ENTERA: se da vuelta entera.
EL FINAL: se llevan las manos desde el centro hacia los lados haciendo el gesto de acabar.






23 marzo 2020

MÁIS PROPOSTAS COS NOMES DA AULA

Outra actividade que se pode facer cos nomes dos nenos e nenas da aula e buscar palabras que rimen con cada nome. Recordar que as palabras riman cando rematan igual. Cando teñamos dificultades para buscar algunhas palabras que rimen podemos usar o apelido ou facer diminutivos -ito/a, ou  -iño/a (dependendo se o facedes en castelán ou en galego). Con estas palabras podemos facer pareados (dous versos). Aquí tedes a poesía de Ana Mª Fernández para que vos "inspiredes"



CONTANDO CONTOS


Podemos ler ou poñer a película ou unha curta dun conto e despois facer títeres para poder representar o conto.

Na páxina principal do blog na pestaña de recursos hai diferentes contos. OQO filmes ten curtas de algúns dos contos que teñen publicados: A bruxa regañadentes, Lobo Feroz, Corre, corre cabaciña, ... Despois de ver a curta a maioría destes contos teñen unha canción que os nenos/as poden cantar e bailar.
                                                   



XOGANDO COAS CARTAS



As cartas ofrécennos moitas posibilidades para divertirnos e para aprender. Algunhas das propostas que se poden facer:

  • ordealas por paus e números.
  • xuntar os números que son iguais (todos os 1, 2, ..)
  • facer parellas que sumen: 5, 8, 9, ... 
  • coller 5 cartas que teñan un número maior que: 4, 6 7,...
  • coller 5 cartas que teñan un número menor que: 9,7, 5,...
  • ordenar 4-5 cartas de maior a menor ou de menor a maior (a serie non ten porque empezar nin rematar por 1)
  • podemos facer a nosas propias cartas: cortando un folio podemos cada día debuxar, pintar,.. 3 ou 4 cartas da baralla.


18 marzo 2020

Como primeira recomendación para estas semanas que imos estar na casa seguro que vos axuda ter unha distribución temporal da xornada.

A continuación poñemos un exemplo de como podería ser e que vos pode axudar para facer unha adaptada as vosas diferentes situación familiares.
Unha vez que o teñades decidido sería bo explicarlla os nenos/as para que así poidan establecer unhas rutinas,  poidan anticipar o que vai pasar e se sintan máis seguros.


  

   LUNS- MARTES- MÉRCORES- XOVES - VENRES
      1º
MOMENTO
LEVANTARSE, ASEARSE E VESTIRSE
      2º
MOMENTO
DESAYUNO
      3º
MOMENTO
(3 HORAS
 APROXIMADAMENTE)
TRABALLO
DESCANSO DE 15-20 MINUTOS: TOMAR UNHA FROITA, XOGO LIBRE,…
TRABALLO
      4º
MOMENTO
COMIDA (QUE AXUDEN NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES NA PREPARACIÓN, 
EN POÑER E RECOLLER A MESA, …)
     5º
MOMENTO
PELÍCULA, DEBUXOS, …
      6º
MOMENTO
TRABALLO
      7º
MOMENTO
XOGOS EN FAMILIA, XOGO LIBRE, XOGOS DE MOVEMENTO,…
     
MOMENTO
CENA E A DURMIR
   




















SUXERENCIAS

As nosas rutinas

Xa coñecedes cales son as nosas rutinas. Algunhas destas rutinas podedes darlle continuidade na casa.

O CALENDARIO

Todos os días podemos mirar o calendario:
1º Recordamos o día que foi onte: día da semana, día do mes, mes, ano, estación.
2º Miramos o día que é hoxe: día da semana, día do mes, mes, ano, estación.
3º Tachamos ou rodeamos no calendario o día no que estamos.
4º Representamos o que acabamos de facer. Este ano no cole estamos facendo "a folla de rexistro" (mando un modelo).

                         
        DÍA DA SEMANA
DÍA DO MES
                                   MES
                            ESTACIÓN
         ANO





























































  No cole o encargado/a vai escribindo no ordenador mentres os demais o ven na pantalla e eles fanno na súa folla de rexistro individual.

  Na casa pódeno facer seguindo este modelo, facelo libremente nun folio, libreta,...ou no ordenador ou tablet, neste caso podedes facerlle unha carpeta co seu nome para que vaia gardando nela todo o que faga durante estes días.
  En vez de facer a folla de rexistro podedes optar porque  monten con "letras móbiles" algunhas das palabras: nome da semana ou mes,... Podedes poñerlle as palabras en diferentes tarxetas ou pegatinas para que as ordenen, ...
  Tamen podedes facer traballos cos números do calendario: cantos días do mes levamos, cantos quedan para rematar o mes, cantos días faltan para algunha data sinalada ou para o fin de semana,  podemos contar para adiante os días, para atras, ...
  No cole poñemos unha tarxeta co tempo que fai, as veces miramos a temperatura, .. na casa podedes mirar na páxina de meteogalicia.

OS NOMES DA AULA

Outra actividad que facemos todos os días e traballar co nome do encargado.
Para empezar podedes empezar facendo un listado con todos os nenos/as da aula (son 21).
Despois cada día podedes traballar con un nome: dicir as letras que ten, contalas, dicir porque letra empeza e por cal remata, cantas sílabas ten, cantas e cales son as letras de cada sílaba e como sona cada unha, as vocais e consoantes que ten, ...

MOMENTO DO CONTO

Lemos un conto e despois podemos facer diferentes actividades (recordade que hai moitas páxinas que neste momento están ofrecendo libros na red gratuitamente).
Algunhas das actividades que podemos facer despois de ler o conto poden ser:
  • que eles nos volvan a contar o conto
  • facer un debuxo do conto
  • escribir o título e facer un debuxo
  • escribir o nome das personaxes
  • facer unha versión diferente do conto cambiando algunha personaxe, lugar, o final, ...
  • dicir palabras que aparezan no conto que empecen por algunha letra: A, C, D, ...
  • buscar palabras q empecen igual q o seu nome
  • ...

OS NOSOS XOGOS

   Podedes elexir algun dos xogos que teñades na casa no que teñan que clasificar, ordenar, montar, ...e propoñerlle unha actividade:
p.e. con pezas de construción facer dúas torres iguais en altura, forma e color.
p.e. facer un puzzle
   O que faga que o faga do principio o final, que non o deixe sen rematar (aínda que non sexa perfecto), o importante e que perseveren na  realización da tarefa e busquen estratexias.



                                          




1 comentario: