VERDES


Correo electrónico: mariarozas1981@gmail.com

 
Semana 18 - 24 de maio

ALFABETO CREATIVO

Se observamos o noso contorno cunha ollada
 creativa, podemos atopar cousas que a simple vista pasan desapercibidas.

Propóñovos buscar LETRAS agochadas nos obxectos que nos rodean e crear entre todos un ALFABETO CREATIVO como este que vemos na fotografía.




Podedes enviarme todas as letras que atopedes.

ÁNIMO EXPLORADORES!!


AS VOSAS CREACIÓNS 


XAVI SANJURJO atopou todas as letras do seu

 nome... Bravo Xavi!



MIRA QUE SODES CREATIVOS ... CADA DÍA 

MÁIS... AQUÍ TEMOS OS NOMES DE MARIÑA E

 MAURO









MAURO









Semana 11 -18 de maio


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Esta semana é moi importante para Galicia


 porque celebramos o DÍA DAS  LETRAS


GALEGAS, que este 

ano dedícase ao escritor ferrolano Ricardo 

Carvallo Calero.

Para esta semana propóñovos unha tarefa moi sinxela. 
Pensade unha palabra en galego que vos guste moito e facede un colaxe artístico con imaxes que vos recorden a esa palabra. Podedes buscar imaxes en revistas, periódicos ... recortar letras para compoñer a palabra ... e tamén escribila vós mesmos. Tamén podedes completar a vosa obra con debuxos ...  

Sodes uns grandes ARTISTAS ... así que non vos

 quero dar máis pistas para dar liberdade á 


vosa CREATIVIDADE.





27 de Abril 2020

XOGO DE IMAXINACIÓN

Durante estes días na casa tivemos que poñer a
 proba a nosa imaxinación para poder entreternos e pasar o mellor posible o confinamento. As nenas e os nenos poden ensinarnos moito neste sentido …

Aquí tedes un precioso conto que trata precisamente sobre iso … sobre a imaxinación e a creatividade infantil.

Titúlase: ESTO NO ES UNA CAJA!



Cantas cousas se poden facer cunha simple caixa. Menuda imaxinación!

Animádevos a coller una caixa que teñades pola casa e xogade con ela a todo o que se vos ocorra… é moi divertido. Podedes facer algo creativo con ela (unha manualidade, transformala noutra cosa diferente …)… botádelle imaxinación!

ÁNIMO ARTISTAS!

AS VOSAS INCRIBLES CREACIÓNS

CON CAIXAS


Imaxinación sobre rodas... Moi ben

Sebastián!




Que orixinal a creación de MARIÑA

cunha simple caixa … este xogo

sí que parece divertido …

Moi ben Mariña.





Aisha fixo una caixa rexistradora …

que divertido!




ENI creou este fantástico parchís …

isto sí que é imaxinación!




MAURO e o seu tigre … está tan ben

 feito que hasta mete medo!





23 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hoxe é un día especial que non pode pasar desapercibido. Na páxina principal tedes un conto precioso titulado VACÍO, de Ana LLenas, que seguro que vos gustará porque é una historia preciosa, cargada de sentimentos, e ademais ten unhas ilustracións marabillosas coas que disfrutaredes moito.
Ademais quero propoñervos unha tarefa moi sinxela pero moi importante para o día de hoxe. Escollede un conto dos que tedes na casa, que vos guste moito moito. Pedídelle a alguén que volo lea e despois facede un debuxo sobre o conto. Podedes enviarme despois unha foto vosa co conto e tamén do voso debuxo para compartilo con todos.

MAURO e Carapuchiña vermella … todo un

clásico que non pode faltar.



MARIÑA e o seu conto: LA CENICIENTA



DANI E OS TRES PORQUIÑOS



AISHA E BURBUJAS





XOGANDO COA ARTE:

BRIDGET RILEY


MAURO preséntanos a súa obra de arte óptica …

 que traballo tan minucioso … menudo

ARTISTA!




Que imaxinación demostra XAVI na súa
 
creación de Optical Art … XENIAL!








AISHA … a mar de

creativa sorpréndenos coa súa

orixinal FLOR ÓPTICA




SEBASTIÁN e a súa artística pista de coches

isto si que é sacarlle partido a ARTE!




ENZO COMPARTE A SÚA XENIAL

INTERPRETACIÓN DA OBRA DE

 RILEY … MOI ORIXINAL!!!


MARIÑA E A SÚA CREACIÓN DE OPTICAL ART
ISTO É ARTE EN ESTADO PURO!



20 de Abril 2020
XOGANDO COA ARTE:
BRIDGET RILEY
Hoxe coñeceremos a alguén moi especial. O
 seu nome é Brigdet Riley, unha artista inglesa que
 pertence ao movemento Optical Art.
Os seus cadros son moi divertidos porque producen
ilusións ópticas … parece que vibran e se moven.
Bridget consegue estes efectos ópticos utilizando
 formas e elementos gráficos sinxelos como liñas,
círculos concéntricos,
puntos, cadrados
Fixádevos atentamente nun cadro. Poñede a vista
 fixa nun punto e … notaredes a sensación de que o
 cadro se move…
Parece MAXIA!



Este ten un pouco de trampa … pero a que é

xenial:





NÓS TAMÉN PODEMOS FACELO
Propóñovos facer una versión deste
fermoso cadro titulado
The Kundt, que representa como se
moven as ondas sonoras nun tubo de
 vidro.

É sorprendente o efecto de
volume … parece que as formas saen
 fóra do cadro.
Podemos facelo de moitas formas. Eu
 probei a facelo en plano e tamén en
 tres dimensións.
PROPOSTA 1
(plano)
1. Debuxamos os tubos combinando liñas  cóncavas e convexas (podemos pedirlle a mamá ou papá que o debuxe a lapis e nós o pasamos a rotulador). Así exercitamos o trazo.
2. Coloreamos cada franxa de cores moi vivas. E xa temos a nosa obra de arte óptico.
PROPOSTA 2
(3 dimensións)
1. Necesitaremos un folio, unHa regra, e tubos de
 papel hixiénico ou de servilletas.
2. Debuxaremos no folio tubos divididos en liñas
paralelas. E recortaremos o cartón en dúas partes, en sentido lonxitudinal. Despois debuxaremos tamén liñas no cartón.
3. Coloreamos as liñas e enrollamos o folio para crear un tubo.
4. O último paso é pegar as pezas nunha superficie plana (mellor un cartón porque ten más consistencia). E conseguiremos una obra vibrante en 3 dimensións cun efecto sorprendente!




Podedes facer esta obra ou

seleccionar alguna outra de Riley

que vos guste.


ÁNIMO ARTISTAS!





15 de Abril 2020

ESCULTURA CON

JOAN MIRÓ

IRONDANI vixiando que non se

 achegue ningún malvado dende o
seu telescopio.

Menudo inxeño ten este Dani!





Sebastián e Santi coa súa magnífica escultura...



AISHA inspirouse na película Río para crear

este espectacular tucán, titulado: 





MARIÑA tan creativa coa súa obra titulada:

Brave




MARTINA sorpréndenos co seu orixinal Miró,

titulado:

Indio




MAURO e o seu particular Miró, titulado:

O meu Pinocho

Bravo!



Monstruo Dinosaurio de ENZO... que orixinal!




14 de Abril 2020

 ESCULTURA CON

JOAN MIRÓ


Hoxe coñeceremos un novo ARTISTA co que nos podemos divertir moito. O seu nome é Joan Miró, coñecido sobre todo pola súa pintura aínda que foi tamén un xenial escultor.
As súas CORES favoritas son a AZUL, VERMELLA e AMARELA. Se buscades os seus cadros e esculturas descubrirédelo.
O seu estilo chámase SURREALISMO, sabedes por qué? Porque Miró pintaba os seus soños, por iso a súa obra está cargada de COUSAS IRREAIS, FANTASÍA,  … e IMAXINACIÓN.
Podedes descubrir máis curiosidades de Miró neste conto que temos en YouTube:
Pero a miña PROPOSTA para vós non é de pintura, senón de escultura. A Miró gustáballe crear esculturas con calquera obxecto que atopaba, os unía creando formas espectaculares e as pintaba coas súas cores favoritas. Esta técnica escultórica chámase ENSAMBLAXE. Aquí tedes algún exemplo da súa obra:
A idea que vos propoño é crear a vosa propia escultura con cousas que teñades na casa. Podedes usar material de refugallo, xoguetes, obxectos de cociña … o que se vos ocorra.
Eu fixen estas dúas esculturas con rollos de papel hixiénico, pinzas de madeira, unha tapa de queixiños, un pau de xeado … Titúlanse: Raíña e A Sopresa.
Seguro que vós o facedes mellor ca min, porque xa demostráchedes o GRANDES ARTISTAS que sodes. Lembrade poñer un título á vosa obra.
ANIMO ARTISTAS! 


7 de Abril 2020
EXPERIENCIAS ARTÍSTICAS


Moi apropiada nestes tempos a fantástica

versión de ENZO

sobre La muchacha en la ventana, de DALÍ 




MAURO sen orella… tal cual o mesmo Van Gogh




ENERITZ e a súa preciosa representación de
 La niña de las peras

Preciosos autorretratos de
DANIEL VAN GOGH
e
AISHA KAHLO

MARIÑA e a súa orixinal versión de La última cena, de Leonardo da Vinci … BRAVO!!!
COUSIÑAS BONITAS DOS

VERDIÑOS:

XAVI e SERGIOcanto traballades!


ENZO sabe moi ben como entreterse
CLARAA eiruga lambona 




ENERTIZ e MARTINA que cousas tan interesantes facedes na CASA. Gracias por compartilas!






6 de Abril de 2020
DANIEL e SEBASTIÁN tampouco paran durante o confinamento! Cociñar, xogar cos números, practicar coas letras do noso nome e por suposto … poñerse en forma!






UNHA EXPERIENCIA ARTISTICA

Unha das cousas que nos gusta facer cando estamos de vacacións é VISITAR MUSEOS. O coronavirus quere fastidiarnos o plan, pero nós non lle imos deixar porque somos máis listas e listos ca el …

Propóñovos una idea para disfrutar da ARTE dunha forma moi divertida dende a casa. Podedes visitar de forma virtual os grandes museos (Prado, Hermitage, Galería dos Uffizi …), buscar algún cadro que vos guste moito e faceros unha fotografía imitándoo … Podedes facelo en FAMILIA … é moi divertido: seleccionar a obra, buscar a roupa, crear un decorado … e a posar. Tamén pode ser unha escultura (hai moitos escultores nos que vos podedes inspirar: Miguel Ángel, Donatello, Bernini, Rodin …).

Eu utilicei un dos meus cadros favoritos: La joven la perla, de Vermeer.





 Paseino súper ben … ANIMÁDEVOS  e faremos unha EXPOSICIÓN coas vosas obras de arte!!!! Podedes mandarme ao correo electrónico as vosas fotos e a obra orixinal que vos inspirou!

ÁNIMO ARTISTAS!!!

 2 de Abril de 2020
Cantas cousas bonitas estades facendo!  AISHA , MARIÑA, XAVI, MAURO … queren compartir as súas ideas. Moitas gracias!
AISHA e as súas obras primaverais. QUE BONITAS!









MARIÑA practicando cos números e coa lectura,

 MOI BEN!






XAVI fixo una tarta que ten moi boa pinta. QUE RICO!

MAURO debuxou una Mariola, QUÉ DIVERTIDO!
1 de Abril de 2020
GALERÍA DE ARTE

ENZO e a súa preciosa versión de KANDINSKY... Xenial!



Aquí temos máis obras de arte para a nosa galería de KANDISNKY. Sodes todos uns grandes ARTISTAS. Moitas gracias a ENERTIZ, MAURO e DANIEL polos vosos cadros, son preciosos!





31 de Marzo de 2020

A nosa galería de arte vaise enriquecendo coas vosas achegas. Hoxe temos dous cadros marabillosos: o de MARIÑA e AISHA. Moitas gracias!





30 de Marzo de 2020


Precioso!!!! Clara quixo compartir con todos nós a súa obra de arte, inspirada en KANDINSKY. Moitas gracias CLARA, és unha verdadeira artista!!!



Ademais Clara atopou este vídeo sobre KANDINSKY, está moi chulo e así entenderemos mellor a este xenial artista.


Animádevos a praticar as vosas dotes artísticas e se queredes mandádeme ao meu correo electrónico unha foto do voso cadro para expoñer na nosa Galería de ARTE. Ánimo artistas! 

 
ALGO DE NUBES

RECORDADES OS TIPOS DE NUBES? Era unha das nosas RUTINAS de cada día: OBSERVAR as nubes e PREDICIR o tempo. Xa somos uns verdadeiros EXPERTOS. 

ESTAS SON AS NUBES DE ONTE (DOMINGO) E DE HOXE (LUNS). SABERÍADES IDENTIFICAR O TIPO DE NUBE QUE SON???



Aquí vos deixo dous VÍDEOS que vimos moitas veces na clase e que vos gustaba moito: un de Happy Learning para aprender sobre as nubes e a canción Nubes - Alegría! 



NON DEIXEDES DE MIRAR AS NUBES, AÍNDA QUE SEXA POLA VENTANA DA VOSA CASA. PODEMOS XOGAR CON ELAS: A BUSCAR FORMAS, DEBUXALAS, PINTALAS ... 

NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER UN CONTO PRECIOSO QUE SE TITULA LITTLE CLOUD, DE ERIC CARLE. ESTÁ EN INGLÉS ... PERO SEGURO QUE VOS GUSTA MOITO ... FIXÁDEVOS  CANTAS FORMAS TEN A PEQUENA NUBE ....




27 de Marzo de 2020

PROPOSTAS DE LÓXICO-MATEMÁTICA

A mellor forma de aprender matemáticas é a través do XOGO e das actividades da VIDA COTIÁ.


Na aula aprendemos conceptos matemáticos por medio das nosas RUTINAS (contar os nenos e nenas que faltan), xogando cos DADOS, saltando a TIRA NUMÉRICA, poñendo a mesa no recanto da casiña …

Propóñovos una serie de actividades  para traballar "as mates" dende a casa: 
1. POÑER A MESA: temos que contar o número de comensais, os platos e facer correspondencias (un tenedor e un coitelo por cada plato, por exemplo) ... COIDADO COS COITELOS!
Se facemos isto todos os días non solo aprendemos matemáticas senón tamén a colaborar e ser máis autónomos.


2. REPARTOS: cando repartimos estamos aprendendo moito de matemáticas, como por exemplo a descompoñer o número. Podemos facelo de forma cotiá, repartindo algo entre os membros da familia (de forma sinxela, por exemplo, repartir catro lacasitos entre dous irmáns)… ou tamén xogando con bonecos. 

3.  AS CARTAS: a baralla é un recurso boísimo para aprender matemáticas xogando. Podemos propoñer ás nenas e nenos diferentes cousas: ORDENAR os números dunha mesma familia (as espadas, por exemplo) ou AGRUPAR o mesmo número das diferentes familias (os catros, os cincos …). 






4. A TIRA NUMÉRICA: na aula utilizamos a alfombra do 1 ao 10 para aprender a serie numérica, saltando sobre ela. Se non a temos podemos fabricar unha na casa. Podemos utilizar folios, que pegaremos ao chan para non caer. Así, de paso que aprendemos os NÚMEROS facemos algo de EXERCICIO. Podemos introducir variantes un pouco máis complexas, como por exemplo, contar de dous en dous, ou cara atrás. 











5. MATERIAL MANIPULATIVO: podemos elaborar materiais manipulativos con cousas que teñamos por casa, como por exemplo cartóns e PINZAS da roupa. Podemos elaborar unha TÁBOA coa tira numérica (se non temos cartolina pode ser con calquera cousa: sobre un cartón dos cereais… por exemplo) e colocar a cantidade con obxectos pequenos (eu utilicei bolas para facer pulseiras).  










ESPERO QUE O PASEDES BEN … SEGURO QUE SE VOS OCORREN MOITAS MÁIS COUSAS!!!


23 de Marzo de 2020

 

PROPOSTA DE ARTE PARA OS "VERDIÑOS"


Ao longo do curso traballamos as formas xeométricas da man de famosos artistas como Klee, Mondrian... Agora é o momento de coñecer a KANDINSKY, un artista que adoraba os CÍRCULOS, como ben se aprecia nesta preciosa obra: Círculos en el círculo.



A miña proposta consiste en inspirarnos en Kandisnky para crear a nosa propia obra de arte, utilizando obxectos que teñamos na casa e sobre todo moita imaxinación. 

1. BUSCA NA CASA OBXECTOS EN FORMA DE CÍRCULO, DE DIFERENTES TAMAÑOS.


2. UTILIZA OS OBXECTOS COMO PLANTILLA, COMBINÁNDOOS COMO QUEIRAS, PARA FACER A TÚA PROPIA COMPOSICIÓN ARTÍSTICA. 




3. PINTA OS CÍRCULOS DE MOITAS CORES ... FACENDO DA TÚA COMPOSICIÓN UNHA VERDADEIRA OBRA DE ARTE.


PODEDES VERSIONAR ESTA OBRA UTILIZANDO OUTRAS FORMAS (CADRADO, RECTÁNGULO …), INCLUSO COMBINALAS ENTRE SÍ...
 ÁNIMO ARTISTAS, SEGURO QUE O FACEDES XENIAL!!!

16 de Marzo 2020
RUTINAS AULA 3 ANOS

Aí van unha serie de tarefas para non perder o ritmo nestes 15 días de confinamento que nos tocou vivir. Explicaremos as nosas rutinas para que as practiquedes dende a casa:

- Traballamos sempre co CALENDARIO, marcando o día que é, recordando o día da semana e tamén escribimos o número de mes.

- Somos expertos meteorólogos, por iso sempre miramos as nubes e analizamos o tempo. Podedes rexistralo nunha táboa como a que vedes na fotografía (día, número e debuxo da icona do tempo). Podedes tamén escribir o tipo de nubes se queredes. Recordade as cores dos días da semana (unha pista: mirade o conto "Siete ratones ciegos", podedes atopalo en YouTube).

- Estamos aprendendo a escribir o noso nome, polo que convén practicalo. Propóñovos ademáis a seguinte tarefa. Buscade en xornais, revistas, catálogos... as letras do voso nome para compoñelo nunha cartolina ou folio. Ademáis podedes completar o traballo recortando palabras que comecen pola vosa inicial e pegándoas pola parte de atrás (como fixen co meu nome). Se queredes podedes repetir esta actividade cos nomes dos vosos familiares, amigos …

- Non esquezades debuxar moito. Lembrade as partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades (brazos e pernas).







3 comentarios:

  1. Ola! Gracias polos consellos e as tarefas. Un sáudo virtual! Anxo Tarela.

    ResponderEliminar
  2. Ola a tod@s!!! Nos xa fixemos hoxe a nosa obra maestra de Kans¡dinsky!!! Ánimo a todos!!!

    ResponderEliminar
  3. Moi ben!! Se queredes podedes enviar unha foto das vosas obras de arte ao meu correo, e facemos unha exposición no blog.

    ResponderEliminar