Musica





Semana do 15 de xuño.

Última semana de clases!! Xa ule a verán, a praia e a xeados. Imos pola 

última clase de Música!!

3 anos

1.- Cantaremos a canción  “Ha llegado el verano”:



2.- Faremos o xogo de mans “Golpeteo”:



3.- E remataremos co baile “El Rock de la playa”:




4 anos

1.- Cantaremos a canción “Ya llegó el verano”:



2.- Faremos o xogo de mans “Tarantella”:



3.- E remataremos co baile “Toca tu cabeza”:




5 anos

1.- Cantaremos a canción “Verano y sol”:



2.- Faremos o xogo de mans “Boom, Snap, Clap”:



3.- E remataremos co baile “Electronic sons minions”:





Desfrutade do verán, felices vacacións!!



Semana do 8 de xuño

Ola a tod@s, comezamos con moitas gañas que xa queda menos!!

3 anos

1.- Comezamos cantando “Unha canción de buscar”:



Temos que buscar pola casa o que nos manda a canción

2.- Escoitamos o musicuento “De camino al colegio” para recoñecer os sons:




3.- E remataremos co conto de mans “Juan y Pedro”:



4 anos

1.- Comezamos cantando “Yo tenía una orquesta”:



2.- Recoñecemos os instrumentos que soan:



3.- Rematamos tocando co corpo “Vamos todos a tocar”:




5 anos

1.- Comezamos cantando “Esto báilase así”:



2.- Recoñecemos os instrumentos que soan:



3.- E por último Tocamos co corpo “La danza del pirata”:




Un último esforzo que só queda dúas semanas!!



Semana do 1 de xuño

Entramos no mes de xuño!! Sabedes o que quere dicir? Que só quedan 3 

semanas de curso!! Empeza a conta atrás!!

3 anos

1.- Hoxe cantaremos unha canción de dedos para lavar as mans:



2.- Continuaremos coa retahila “Las liebrecitas”:



3.- Remataremos bailando “Súbete al tren de la alegría”: 


4 anos

1.- Hoxe cantaremos a canción “Bartolito”:



2.- Continuaremos co xogo auditivo “Oigo, oigo”:



3.- Remataremos co baile “Tomaditos en parejas”:




5 anos

1.- Hoxe cantaremos a canción “Twist de los ratoncitos”:



2.- Continuaremos identificando sons longos e curtos:

s
3.- Remataremos co baile “Volveremos”:




Xa queda menos!! Abur



Semana do 25 de maio

Ola nenos e nenas. Rematamos o mes de maio e o curso vai quedando atrás. 

Un pouco máis de paciencia que queda pouco!!

3 anos

1.- Comezaremos cantando “Mariposita”:



2.- Seguimos coa retahila “Los animalitos buscan casa”:



3.- Remataremos bailando un remix de “Baby Shark”:



4 anos

1.- Comezaremos cantando unha canción moi divertida de Pepa Pig:



2.- Recoñeceremos os sons do corpo humano:



3.- Remataremos co xogo de mans “Kokoleoko”:




5 anos

1.- Cantamos a Canción do xogo “Jugando al escondite”:



2.- Identificaremos sons graves e agudos:



3.- E por último o xogo de mans “En un café se rifa un gato”:




Desfrutade destes días de sol!!



Semana do 18 de maio


Ola de novo, como van as cousas? Unha semana máis de traballo, pero xa 

queda menos. Ánimo!!

3 anos


1.- Cantamos “La familia de los dedos”:



2.- Seguimos coa retahíla “El chaparrón”:



3.- Remataremos co baile “Jugar a aplaudir”:





4 anos


1.- Cantamos a canción “Ratón que te pilla el gato”:



2.- Agora que xa sabemos a canción, imos facer o xogo que podemos ver no

vídeo:




3.- Remataremos co baile “ Que é o que ten a sopa do nené”:





5 anos


1.- Cantamos a canción “Me gusta viajar”:




2.- Adiviñamos o medio de transporte que soa:



3.- Rematamos tocando “Pizzicato de Silvia”:



Para facela só necesitamos o pote dun iogurt e unha goma. Se queredes 

podedes poner na base do pote tiras de cores feitas co que teñades pola 

casa (papeis, teas, plásticos,…)



Rematamos por esta semana, ata a seguinte!!



Semana do 11 de maio


Ola nenos e nenas, empeza unha nova semana chea de enerxía. 

Comezamos!!

3 anos


1.- Cantamos a canción “La foca Marisol”:



2.- Xogamos á roda “El corro del chirimbolo”:




3.- E por último un xogo de mans “Pic y puc”:






4 anos


1.- Cantamos la canción “Esa granxa”:



2.- Identificamos sons da cidade:



3.- Por último, tocamos co corpo con Pepa Pig:






5 anos


1.- Cantamos a canción “ Jacinto, o perezoso”:



2.- Adiviñamos o animal que soa:



3.- E por último tocamos co corpo “Quiero ser como tú”:





Que teñades unha boa semana, aburiño!!


Semana do 4 de maio


Que tal a vosa semana? Xogades moito na rúa? Imos ver se o pasamos case

tan ben traballando Música. 


3 anos


1.- Cantamos “Chocaron dos coches”:



2.- E agora o xogo de roda “Al corro de la patata”:



3.- Por último bailaremos a canción “La tía Mónica”:




4 anos


1.- Cantamos a canción “A fábrica de Carmela”:


2.- Recoñeceremos sons da nosa casa:



3.- Remataremos co baile “A ram sam sam”:





5 anos


1.- Comezamos cantando “Heiche de contar un conto”:


2.- E agora a tocar “Contradanza nº5 de Beethoven:



3.- Xogamos un pouco? “Soy una serpiente”:





Desfrutade moito nas vosas saídas. Aburiño.



Semana do 27 de abril


Ola chicos e chicas. Xa queda menos para que todo isto acabe!! E nós 

seguimos unha semana máis traballando dende a casa. Comezamos!!

3 anos

1.- Cantaremos a canción “Pican pican las gotitas”:



2.- Xogaremos ao xogo de roda “El patio de mi casa”:



3.- Remataremos bailando “Pie, pie, pie”:




4 anos

1.- Cantaremos a canción “A bruxa Maruxa”:



2.- Xogamos cos pes?”Chocolate”:



3.- E agora a bailar “Había un sapo”:




5 anos

1.- Cantamos a canción “O canciño”:



2.- Tocaremos a canción “O outono”:



Xa sei que non temos os instrumentos do colexio, pero podemos substituilos 

polas palmas ou polo que atopemos por casa (pandeireta por axouxeres, 

güiro por botella de anís, triángulo por un vaso cunha culler e claves por dous 

lápices)


3.- Por último bailaremos “Los bomberos van deprisa”:




Ánimo que xa queda menos!!



Semana do 20 de abril

Ola a tod@s. Empezamos outra semana cargad@s de enerxía. Comezamos:

Música 3 anos

1.- Empezaremos cantando “Para dormir a un elefante”:


2.- Seguiremos co xogo de mans “Pica piedra”:

3.- E remataremos bailando “Hokey Pokey”:



Música 4 anos

1.- Empezaremos cantando “La ruedas del autobús”: 


2.- Recoñeceremos os medios de transporte que se escoitan:



3.- Remataremos bailando “la forma de caminar”:



Bailaremos imitando o camiñar dos animais.

Música 5 anos

1.- Empezaremos cantando “La tiritita”:



2.- Tocamos “Pizzicato” con palmas:



3.- E por último bailaremos  canción “Saludar las manos”:



Necesitamos que alguén da casa baile con nós, así que a buscar parella!!


Ata a semana que ven.





Semana do 14 ao 17 de abril

Ola a todas e todos. Volvemos traballar despois destas curiosas vacacións. 

Espero que todos teñades ganas de cantar e bailar.

Antes de empezar coas actividades, invítovos a entrar en 


Aquí podedes facer composicións musicais de maneira moi sinxela. Seguro 

que pasaredes un rato entretido.

Infantil 3 anos:

1.- Empezamos coa canción “El pollito Lito”:


2.- Faremos un xogo de roda “El juego del Chirimbolo”: 


Se sabedes outra versión do xogo tamén vale. Podemos engadir máis partes 

do corpo.

3.- Remataremos a sesión bailando “A sacudir el cuerpito”: 



Infantil 4 anos:

1.- Cantamos “Tengo una hormiguita en la patita”: 


Non fagades un nó coa lingua!

2.- Agora toca un xogo musical: “Cuando tengas mucho frío”: 


Neste xogo temos que engadir accións para evitar o frío como fai a profesora

do vídeo.

3.- Por último bailaremos “El baile del movimiento”:




Infantil 5 anos:

1.- Cantamos “Mi familia”: 


2.- Que instrumentos musical está soando?:



3.- E remataremos as nosas actividades tocando co corpo “A clapping game 

song”:




Rematamos por esta semana. Moitos bicos!!



ACTIVIDADES DE MÚSICA.Semana do 30 de marzo ao 3 de abril.


Xa imos pola terceira semana e seguro que o imos pasar xenial traballando as actividades que propoño:

Infantil 3 anos. 


1.-  Imos cantar "Os números":

2.- Faremos un xogo adaptado aos nenos e nenas desta idade. Xogaremos á "Chata Berengüela":

Cando cantemos "güi, güi, güi" ou "trico, trico, tri" poñeremos as mans na cadeira e a doblaremos dun lado a outro. Cando toque "lairó, lairó, lairó,..." daremos unha volta sobre nós mesmos mentres movemos as mans no aire. 

3.- Por último bailaremos a canción "baile da paz". Os nenos e nenas xa saben o que hai que facer:


 Infantil 4 anos. 


1.- Empezamos cantando "Fun ao mercado":


Temos que acompañala con xestos

2.- Xogamos co xogo "Dónde están las llaves":


Cando soe a canción nos desplazaremos libremente polo espazo e cando canten "chis pon" temos que chocar as mans con alguén. Seguro que o ides pasar xenial na casa! 

3.- E acabaremos bailando "El baile de los animales":



 Infantil 5 anos. 


1.- Empezamos cantando "Lúa":



2.- Agudizamos os nosos oídos e intentaremos descubrir os sons que nos rodean:



3.- Acompañaremos a canción "O ballet dos pitiños" co corpo: 




4.- E por último a bailar!!: 



Espero que pasarades un bo reto mentres traballamos coa música.

 Ánimo que xa queda menos!!!





ACTIVIDADES DE MÚSICA.Semana do 23 ao 27 de marzo.


Segunda semana e seguimos traballando dende a casa. Espero que teñades ganas de cantar e bailar un pouco. Esta semana propoñemos traballar en Música:  

Infantil 3 anos. 

1.- Cantaremos a canción "Tengo, tengo, tengo" para traballar as partes do corpo:


Nós na clase engadimos dúas estrofas máis: nunha mencionamos os dentes e noutra a lingua. Seguro que se cantades coas vosas fillas e fillos as lembran.

2.- Se vos animades podemos facer un xogo de roda:  


3.- Por último bailaremos un pouco co "Baile das vacas lobotómicas": 



Infantil 4 anos. 

1.- Cantaremos a canción "Debajo un botón":


Recordade que cando cantamos "ton, ton, ton" e "tin, tin, tin" teñen que dar palmas.  

2.- Imos cantar e acompañar con movementos a canción "Epoi tai taie":  


Epoi tai tai: levaremos o pulso nos xeonllos.
E: (ao final das frases) faremos chasquidos cos dedos.
Tuki, tuki: levaremos o pulso cos pés.
Ao principio parece lioso, pero cun pouco de práctica xa veredes o ben que vos sae.

3.- Por último moveremos o corpo co baile do "Bugui, bugui": 



Infantil 5 anos. 

1.- Cantaremos a canción " Juan Pedro de la Mar":


Temos que facer o que nos din.

2.- Escoitaremos a audición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson: 


Mentres a escoitamos temos que imitar que escribimos na máquina de escribir.

3.- Bailaremos un pouco para mover o corpo"Soy una taza":
  

4.- E remataremos co xogo de mans "Kokoleoko":


A nosa idea con estas actividades é que intentedes seguir as rutinas de aula para que se vos pase o tempo un pouco mellor dentro da situación que nos tocou vivir.

Ánimo que nunca choveu que non escampara!!  



ACTIVIDADES DE MÚSICA.Semana do 16 ao 20 de marzo.

As actividades que propoño están traballadas na aula e deberían saber realizalas autónomamente.

Infantil 3 anos. 

1.- Empezaremos cantando a canción “O lobo e os tres porquiños


2.- E recordarémoslle o conto. Se non queredes contarllo podedes poñerlle este video:


3.- Por último bailaremos un pouco




Infantil 4 anos

1.- Empezaremos cantando a canción “Un día Noe”: 

Recordaremos a canción. Despois cantaremos o retrouso a distintas velocidades (rápido, moi rápido, lento, moi lento)

2.- Recoñecemos que animal soa


3.- Bailaremos como canguros:


4.- Por ultimo acompañaremos coas mans: “We will rock you”:





Infantil 5 anos

1.- Empezaremos cantando a canción “Oh a le le”:



É unha canción pregunta-resposta polo que teñen que cantar a continuación da cantante.


2.- Recoñeceremos os sons:



3.- Imos bailar como un elefante:

4.- Por último xogos de mans:



 Ao final hai publicidade, pero o neno e a nena explican moi ben o xogoPodedes xogar cos vosos fillos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario