Despois do Nadal xa vai sendo hora de publicar as nosas novas experiencias.
Estamos a piques de comezar un novo proxecto, ASÍ É SANTIAGO.
Para introducirnos no tema partimos dun fermosísimo libro que nolo trouxo a profe Luz e que tamén vai colaborar con nós no desenvolvemento do proxecto.
Recoñecedes esas rúas? Seguro que si. Que vos parece se facedes un percorrido turístico e facedes algunha foto desas rúas.