28 abr. 2017

Excursión á Galería Sargadelos

A finais do segundo trimestre, e aproveitando a XVII Campaña municipal de animación á lectura, fixemos unha excursión á Galería Sargadelos para asistir a un contacontos. 
Aproveitamos a ocasión para ir dando un paseo polas rúas da cidade e así poder disfrutar do bo tempo.
Nesta ocasión puidemos escoitar varios contos: O primeiro foi "Unha última carta", libro protagonista da campaña. Tamén escoitamos un conto musicado titulado "Os tres porquiños" e "Qué fai falta" do escritor Gianni Rodari. Gustáronnos todos moito e estivemos moi atentos. Antes de marchar puxéronnos un video de Migallas Teatro coa canción "Dime qué fixeches"e todos xuntos a cantamos facendo xestos. 
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día. Esperamos que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario