28 mar. 2017

Completamos o libro de Outono

Completamos o libro do Outono grazas as aportacións das familias. Quedounos un estupendo traballo. Moitas grazas a todos!

Viaxando por China

Tras unha larga viaxe en globo, aterrizamos en China, coñecendo así as súas costumes, tradicións, inventos, comidas etc.


China é un dos países máis grandes do mundo. As persoas de orixe asiático adoitan ter uns trazos diferentes aos nosos: ollos rasgados, pelo negro, pel clara etc.


Tamén aprendimos como son as casas tradicionais chamadas pagodas. Estas teñen forma de torre con varios tellados.
E os diferentes animais que habitan en dito lugar: os monos dourados que teñen a cara azul, o leopardo, e o oso panda.
A continuación mostrámosvos a construcción do noso gran oso panda:


Traballamos os inventos chineses como: a seda, a cerámica, a pólvora, o dominó, o compás, a peonza, o papaventos e o papel e a tinta.


Tamén aprendimos que os Chinos teñen unha linguaxe e escritura diferente a nosa.





E algo que nos encantou... ¡As sombras Chinas!



Unha alumna de 5º de orixe chinés preparou un conto sobre as súas tradicións. Gustounos moito!



Tras adquirir tantos coñecementos sobre dito país, chegou o día da GRAN FESTA CHINA, onde traballamos a comida china, a vestimenta, os diferentes maquillaxes etc.



















Durante a gran festa bailamos sen parar En un bosque de la china...



Imaxes da nosa decoración de aula:

O gran dragón








Monicreques de dragón






Faroliños chinos



Mural China




A Gran Muralla China




Conto motor sobre a Muralla China



Máscaras de oso panda e dragón



Paipai



Para conmemorar a nosa viaxe, fixemos este abraiante mural: